IMPRESCINDIBLE: Diplomatura ou grado en Educación Social.
Educador/a para Casa de Familia en Santiago de Compostela.
O educador ou educadora é a persoa seleccionada polo director ou directora de centro, o coordinador ou coordinadora de área (e, no seu caso, o apoio técnico á coordinación) e/ou aquelas persoas nas que delegue o Equipo Directivo para realizar as tarefas de intervención educativa cos nenos, nenas, adolescentes e mozos, e/ou familias, sendo o responsable da formación integral dos expedientes o seu cargo.
Sustitución baixa risco posto para embarzo. Prevese longa pois pode ter continuidade por nacemento, lactancia,...
Xornada Laboral: completa
Quendas semanais rotativas segundo horario de 4 semanas, incluido 1 fin de semana. Explicarase en entrevista.
Valorarase:
• Experiencia en postos similares.
• Coñecemento de dificultades asociadas aos traumas da infancia.
• Formación e/ou experiencia en intervención educativa con nenas e nenos con necesidades educativas especiais.
• Experiencia de traballo en equipo.
• Realización de informes e rexistros.
• Coñecemento dos recursos e servizos da zona
• Experiencia en programación, deseño e intervención en actividades de ocio e tempo libre.
• Capacidade creativa.
• Habilidade e adaptación ó cambio.